ENTREVISTA: Tecla Cadilla, judoka de éxito


  Entrevista realizada por Silvia Pérez (Bolseira de periodismo do Concello da Guarda)

“Tecla Cadilla é unha judoka técnica, forte e explosiva”

A guardesa Tecla Cadilla comezou a practicar Judo por ‘probar’, e  logrou ser campeona galega en varias ocasións tanto na categoría cadete como en junior,  ademáis de campeona de España. Actualmente, esta judoka do club Do-Majo é subcampeona nacional, tras conseguir a medalla de plata na Copa de España senior que se celebrou en Arteixo o pasado mes de decembro.
 
·         ¿Cómo é o día a día dunha Judoka do teu nivel?
Pois dependendo do día. Os luns, mércores  e venres fago dobre sesión  de adestramento; adestro pola mañá e pola tarde, o venres no club Do-Majo, e o resto dos días no CGTD. O martes e o xoves só pola tarde aínda que normalmente vou antes para completar o adestramento físico. E todo iso compaxínoo cos estudos na facultade e na autoescola.

·         ¿Qué estudas?, ¿É difícil compatibilizar ámbalas dúas cousas?
Estou a estudar Fisioterapia na Universidade de Vigo, facultade de Pontevedra. Máis ou menos depende do horario pero voume organizando.

·         ¿Cómo Tecla Cadilla afronta o paso polas competicións?
(Contesta a entrenadora)
Tecla sempre ten unha actitude positiva tanto nos adestramentos como nas competicións de querer mellorar e superarse, e nunca queda satisfeita co resultado. A nivel físico  sempre intentamos que chegue ao seu maximo nivel. Pero no tema psicolóxico, que no noso deporte é moi importante, aínda temos que mellorar moito.

·         ¿Sufriches algunha lesión importante aó longo da túa carreira?
Grave non pero agora mesmo estoume tratando dunha pequena tendinite no meu ombro dereito co meu masaxista Fajar, aunque sen necesidade de parar os meus adestramentos .

·         ¿Cal é o teu punto forte? ¿E o débil?
(Contesta a entrenadora)
É unha judoka técnica, forte, explosiva e con gran capacidade de sacrificio. Pero o máis importante é a súa humildade  e as gañas de seguir aprendendo. O seu punto débil a súa falta de concentración en determinados momentos pero é cuestion de traballo.

·         Falemos do deporte na Guarda. ¿Qué botas de menos? ¿Qué valoración fas das actividades deportivas levadas a cabo nos últimos meses?
      (Contesta a entrenadora)
Penso que a maioría dos deportistas guardeses que están a alto nivel (nivel nacional e internacional) seguramente opinasen o mesmo. As axudas son cero e a este nivel necesítase tanto axuda económica como que se recoñezan os seus méritos no seu pobo, pero é un tema longo de falar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario